Etiquetas

Abraham Carreiro (1) admisión alumnado (1) alerta meteorolóxica (1) almorzar (1) alumno/as (21) aprende a ser feliz (1) Asperger (1) Atención (1) atención diversidade (5) audiovisual (3) Aula de Apoyo artigo revista (1) Autismo (4) Avaldia (2) Avaliación (3) axudas libros (1) ayudas (4) Banda deseñada (1) Barxas (48) Barxas TV (8) Becas (5) BiblioBernardino (2) biblioteca (9) bilingües (1) buenas prácticas (1) Cambridge ESOL (1) CCNN (1) Celso Emilio Ferreiro (2) china (1) ciencias (2) competencia lingua extranxeira (3) concurso traslados (2) contidos educativos (1) contos con alma (5) contos con pictogramas (2) Contos diversidade (10) contos divorcio (1) contos musicais (2) contos non sexitas (4) contos para aceptarnos (1) cortos (3) cuaderno de trabajo (1) culturgal (2) CXT (1) Deberes (1) Deitado frente ao mar (2) depresión (1) Día de europa (1) Día de la Paz (2) Día do Libro (2) día mundial da saúde 7 de abril (1) dicionario (1) discapacidade (1) DN CAS (1) drdAdi (2) duelo (1) e ti como ligas en galego? (3) e ti que estas lendo? (1) economía (2) Edublogs (3) Educación (2) Educación emocional (4) Educacontic (1) El cazo de lorenzo (1) el punto. (1) ENDL (6) enfrentarse al mundo (1) entroido (1) erasmus (1) ESO online (1) FeQ (1) festival audiovisual 2012 (4) frase (2) galego (12) Historia del arte (1) horarios (1) inauguración (1) Inicio (1) Inicio de curso (1) Innovación (1) Intered (1) intermón (1) inversiones (1) Jutta Bauer (1) lecto-escritura (1) lectura (6) leo comprendo y me expreso (1) letras galegas (1) ley (16) licenzas formación (2) lip dub (1) llamitas (2) maltrato infantil (1) matemáticas (1) memoria (1) mestres (5) Mi hermanito de la luna. (1) minusvalía (1) mitose (1) moda ilustrada. (2) morte (1) Muller Lamprea (2) música (1) nadal (1) odisea última (1) oposicións (1) Pais (3) Pixar (1) planing semanal (1) plantillas escritura (1) plástica (5) plurilingüe (1) poesía (5) poida que si que poida (1) por cuatro esquinitas de nada (1) premio (4) profa orientadora (5) profa secretaria (2) ProfaPT (15) programas organizadores gráficos (1) racionalización gasto público (2) rebarxas (2) recursos (6) Redes (1) redes sociales (1) río Cereixo (1) Rosalía (1) salón do libro (1) Samaín (1) san valentin (2) semana da ciencia (2) separación (2) sistema educativo (1) Slow motion (1) stop motion (2) tabla multiplicar (1) TDAH (1) test (1) Testeando (1) Trastorno bipolar (1) Trivial (2) tutoriais (2) vendedor de humo (1) vídeos con alma (8) visitas (8) yo no quiero (1)

martes, 30 de agosto de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega



O Dicionario de pronuncia da lingua galega xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet.Este novo recurso baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega.
Ademais da transcrición fonética que se ofrece nesta publicación, a versión electrónica do dicionario permite escoitar 60.000 pronuncias do léxico común galego na súa variedade estándar, que foron gravadas coa colaboración da Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG).
Os obxectivos prioritarios deste novo dicionario en liña, accesible no sitio web http://ilg.usc.es/pronuncia, son facilitarlles a aprendizaxe ás persoas que estudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso de xornalistas, dobradores, profesorado etc. Para isto, conta cun buscador no que poden introducirse palabras ou cadeas de caracteres. A páxina de resultados presenta a forma, a categoría gramatical, a transcrición e o arquivo de voz.
Este recurso tamén busca contribuír á normalización da lingua galega, á calidade e ao seu prestixio, en canto que difunde un modelo de pronuncia estándar para o idioma, útil sobre todo para o seu uso nos medios orais de comunicación e noutros ámbitos de difusión do galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario