Etiquetas

Abraham Carreiro (1) admisión alumnado (1) alerta meteorolóxica (1) almorzar (1) alumno/as (21) aprende a ser feliz (1) Asperger (1) Atención (1) atención diversidade (5) audiovisual (3) Aula de Apoyo artigo revista (1) Autismo (4) Avaldia (2) Avaliación (3) axudas libros (1) ayudas (4) Banda deseñada (1) Barxas (48) Barxas TV (8) Becas (5) BiblioBernardino (2) biblioteca (9) bilingües (1) buenas prácticas (1) Cambridge ESOL (1) CCNN (1) Celso Emilio Ferreiro (2) china (1) ciencias (2) competencia lingua extranxeira (3) concurso traslados (2) contidos educativos (1) contos con alma (5) contos con pictogramas (2) Contos diversidade (10) contos divorcio (1) contos musicais (2) contos non sexitas (4) contos para aceptarnos (1) cortos (3) cuaderno de trabajo (1) culturgal (2) CXT (1) Deberes (1) Deitado frente ao mar (2) depresión (1) Día de europa (1) Día de la Paz (2) Día do Libro (2) día mundial da saúde 7 de abril (1) dicionario (1) discapacidade (1) DN CAS (1) drdAdi (2) duelo (1) e ti como ligas en galego? (3) e ti que estas lendo? (1) economía (2) Edublogs (3) Educación (2) Educación emocional (4) Educacontic (1) El cazo de lorenzo (1) el punto. (1) ENDL (6) enfrentarse al mundo (1) entroido (1) erasmus (1) ESO online (1) FeQ (1) festival audiovisual 2012 (4) frase (2) galego (12) Historia del arte (1) horarios (1) inauguración (1) Inicio (1) Inicio de curso (1) Innovación (1) Intered (1) intermón (1) inversiones (1) Jutta Bauer (1) lecto-escritura (1) lectura (6) leo comprendo y me expreso (1) letras galegas (1) ley (16) licenzas formación (2) lip dub (1) llamitas (2) maltrato infantil (1) matemáticas (1) memoria (1) mestres (5) Mi hermanito de la luna. (1) minusvalía (1) mitose (1) moda ilustrada. (2) morte (1) Muller Lamprea (2) música (1) nadal (1) odisea última (1) oposicións (1) Pais (3) Pixar (1) planing semanal (1) plantillas escritura (1) plástica (5) plurilingüe (1) poesía (5) poida que si que poida (1) por cuatro esquinitas de nada (1) premio (4) profa orientadora (5) profa secretaria (2) ProfaPT (15) programas organizadores gráficos (1) racionalización gasto público (2) rebarxas (2) recursos (6) Redes (1) redes sociales (1) río Cereixo (1) Rosalía (1) salón do libro (1) Samaín (1) san valentin (2) semana da ciencia (2) separación (2) sistema educativo (1) Slow motion (1) stop motion (2) tabla multiplicar (1) TDAH (1) test (1) Testeando (1) Trastorno bipolar (1) Trivial (2) tutoriais (2) vendedor de humo (1) vídeos con alma (8) visitas (8) yo no quiero (1)

lunes, 16 de mayo de 2011

Eses tolos que ensinan

De blog en blog é tiro porque me toca, atopei esta traducción áo Galego no Blogue de Contomundi da adaptación do relato "Esos locos que corren" do escritor uruguaio Marciano Durán feita por Pedro do Blogue "Un maestro cualquiera".
"Eses tolos que ensinan. Eu coñézoos. Vinos moitas veces. Son raros. Algúns saen cedo pola mañá e están no cole unha hora antes, outros percorren todos os días máis de 100 Km de ida e outros tantos de volta. Están tolos.
No verán danlles vacacións, pero non desconectan de todo, pensan nas súas clases, preparan tarefas para o curso seguinte. No inverno falan moito, sempre levan caramelos de mel e limón nos petos, outros cunha botella de auga ao seu lado. A súa garganta sempre está dolorida, pero seguen ensinando, ás veces forzan a súa voz, pero seguen transmitindo os seus coñecementos con agarimo e ilusión.
Eu vinos, non están ben da cabeza. Saen de excursión cos seus alumnos e encárganse de xestionar autorizacións, recollida de diñeiro e responsabilidade extra.
Que será deles. Pola noite soñan co colexio, aparécenselles planetas, ecosistemas e personaxes históricos. Escoitei que chegan cargados con cadernos pequenos e exames, que corrixiron a tarde antes na súa casa.
Son mulleres e homes, casados, solteiros…, de diferentes idades, pero a todos apaixónalles o seu traballo, ver crecer aos seus alumnos, axudalos e conseguir deles cidadáns competentes.
Vinos moitas veces. Están mal da cabeza. Algúns din deles que viven moi ben, pero lles recortaron o soldo e seguen a traballar incluso máis que antes. Algúns non miran nin a súa nómina porque a súa paixón polo ensino faios cegos a pensar no cobro. Gozan co que fan, aínda que haxa pais que os discutan e que lles quiten autoridade, pero eles seguen para adiante.
Están mal; polas tardes quedan para facer cursos de formación e non lles importa perder tempo do seu lecer para reciclarse.
Din que son autocríticos e que fan balance das súas experiencias educativas, que se frustran cando non saen as cousas, que se alegran cando os seus alumnos avanzan.
Están mal da cabeza, eu vinos. Din dalgúns que foron moi importantes, que sempre teñen palabras de alento; din que son MESTRES e que senten MOI ORGULLOSOS DE SELO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario