Non sabes que facer con ese pantalóns pasados de moda?, hai algunha camiseta que te aburre?,...
Os/as rapaces/zas de 3º da ESO do IES as Barxas, dentro dun proxecto interdisciplinar entre as áreas de plástica e economía fixeron un reciclaxe de roupa dándolle unha nova vida a través de ilustracións. Os debuxos están inspirados en Klimt e no conto de "Alicia no país das Marabillas". Estes son os resultados dun estupendo traballo:
Por certo, eu xa teño a miña camiseta. Estade atentos/as as vosas pantallas porque moi pronto vades poder adquirir, se o desexades, algunha destas prendas e acudir a un acontecemento sen igual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario